FORMACIóN

 

Queremos axudar a poñer de "moda o rural" para iso hai que coñecelo, para amar a natureza hai que coñecela , para iso a formación é unha ferramenta imprescindible.

Contamos cun local rehabilitado de xeito "pouco tradicional" que é moi axeitado para facer charlas , cursos, "xuntanzas con comida", e moitas outras actividades.

  • Apoio técnico ós usuarios do horto.

Será importante para poder axudar á xente que non teña coñecementos á hora de coidar o horto, así como para a evolución cara a unha agricultura máis sostible e respetuosa co medio. Así mesmo organizaranse outra serie de actividades como poden ser elaboración de pan, queixos, sesións micolóxicas, recolección de froitos do monte, "xuntanzas para contemplar árbores ó atardecer" .........

  • Visitas de escolares e outros colectivos.

froitosElaboraremos un programa didáctico adaptado ás necesidades específicas de cada centro escolar ou de cada colectivo.

Algunhas actividades:

  • Recoller os froitos do horto. Cada persoa levará para a súa casa froitos da horta (leituga, tomate, pementos, patacas,...) .

  • Facer novas prantacións para ser recollidas en posteriores visitas.

  • Recoller froita (castañas, mazás,...) dependerá da época do ano.

  • A "terra" é un elemento vivo, debemos coñecela.

  • Coñecer os animais da granxa.

  • Coñecer, abrazar, subirse (sen ningún perigo) ás nosas árbores centenarias, é algo fundamental para poder sentir a súa enerxía e aprender a "querelas".

  • Regalaremos árbores a todas aquelas persoas que teñan ou coñezan un lugar axeitado para prantalos.

  • pasearPasearemos por un bosque.

  • Coñeceremos como eran as antigas construcións das aldeas, visitaremos o vello muíño e trataremos de entender a gran importacia que tiña para as xentes do lugar algo tan "modesto".

  • Poderemos ver videos e proxeccións educativas.

  • Falaremos da necesidade da solidariedade entre as persoas.

  • Xornadas formativas abertas.

Elaborarase un programa de charlas didácticas abertas ao público para coñecer "Vida de Aldea" e a natureza en xeral.