ANIMAIS

QUE FACEMOS

 

  • Criamos animais para o autoconsumo familiar sempre baixo as normas da agricultura ecolóxica.

 

QUE ANIMAIS

  • Criamos os habituais animais domésticos : becerros, porcos, galiñas poñedoras...

 

CAL É O PROCESO

  • O consumidor ponse en contacto con nós, encárganos un determinado animal cunhas determinadas características. Nós criámolo sempre dun xeito tradicional e con alimentos sans e naturais. O consumidor poderá seguir en todo momento o proceso de cría, ben sexa dunha maneira directa (visitas), ou de non ser posible dunha maneira indirecta mediante fotografías ou videos que lle enviariamos periodicamente. Unha vez acadado o peso convido trasladaríase ao matadoiro, para o sacrificio e posterior despiece, a continuación enviaríase ao domicilio particular.