HORTA

QUE FACEMOS

  • Alugamos parcelas para o cultivo de horta ecolóxica para autoconsumo familiar.
  • Alugamos parcelas para o cultivo e o estudo da produción de horta ecolóxica por parte de centros
    educativos e outras asociacións.

 

MODALIDADES DE ALUGUER

  • Básico : Aluguer por 20€/mes (I.V.E. non incluido) dunha parcela totalmente equipada para ser cultivada polo propio inquilino.
  • Completo: Aluguer por 50€/mes (I.V.E. non incluido) dunha parcela totalmente equipada de cuio cultivo nos encargaríamos nós. O inquilino só tería que decidir que produtos quere cultivar e pasar a recoller a produción ou incluso se lle enviaría ao seu domicilio (a calquera lugar da península).
  • Educativo: Aluguer por 50€/mes (I.V.E. non incluido) dunha parcela totalmente equipada de cuio cultivo nos encargaríamos nós, cunha orientación, ademais de produtiva, didáctica.

 

horto 2EQUIPAMENTO XERAL DO HORTO

  • Parcela didáctica: será unha parcela cultivada pola nosa familia que pode servir como guía para as persoas que non teñan coñecementos en horticultura, así como para facer ensaios, novas sementes ou técnicas de cultivo novidosas, ( uso de sistemas de rega automática, uso de mantas antiherbas…..).
  • Baño.
  • Área recreativa: a finca atópase rodeado dunha pequena carballeira chea de penedos, que equiparemos con mesas, bancos e grellas de xeito que nos facilite o “plan perfecto”. Desprazarse pola mañá ao horto con toda a familia, coidar a túa parcela, quedarse a comer ao mediodía, pasear e voltar á cidade pola noite despois de ter pasado un día realmente “produtivo” en plena natureza.
  • Seguimento dos cultivos a través do blog de Vida de Aldea.
  • Fontes enerxéticas: na medida do posibel tratarase de que a enerxía usada proceda de fontes renovábeis.

 

COMO É CADA PARCELA

  • Superficie 100 m2
  • Invernadoiro 12 m2
  • Toma de auga.
  • Armario individual.
  • Peche perimetral sinxelo.
  • As ferramentas necesarias para o cultivo.
  • Cada usuario nomeará a súa parcela, o que facilitará o seguimento a través do blog.
  • As parcelas serán abonadas e cultivadas ao principio de cada tempada coa maquinaria da explotación axeitadamente.
  • Os usuarios terán un serviczo de asesoramento técnico gratuito.
  • Poderán usar libremente as zonas de recreo así como recoller castañas, cogumelos e outros froitos do monte.

 

CULTIVO DA PATACA

  • Por tratarse a pataca dun cultivo que ocupa moito espazo e ser esixente en man de obra, contémplase a posibilidade de cultivar 100m2 de pataca noutra leira. Sementaranse e recolleranse co tractor (por regos, ao xeito tradicional) . Estímase unha produción mínima de 2Kg/m2, dabondo para o consumo anual dunha familia media. Unha vez feita a colleita, se a almacenaxe nos domicilios particulares non é posible, farase na explotación sen ningún tipo de sobrecuste.