QUEN SOMOS ?

imagen

Somos unha explotación gandeira de carácter familiar para a produción láctea. A situación do sector lácteo ao longo dos últimos anos foi e é moi comprometida, debido sobre todo ao baixo prezo do leite, xunto cun contínuo aumento dos custes de produción.

Despois de sufrir "toda a vida" esta situación faise necesario un cambio.

Así xorde "Vida de Aldea", un proxecto produtivo e educativo baseado na xustiza e na solidariedade.