SOLIDARIEDADE

comedorAs relacións de xustiza e de solidariedade deben constituír os alicerces de "Vida de Aldea".

Para afondar máis neste aspecto destinaremos a produción dunha das parcelas (parcela solidaria) a un "comedor social" próximo, para así axudar a paliar situacións de necesidade. O coidado desta parcela correrá ao noso cargo, estando aberta a posibilidade da colaboración ao resto dos usuarios do horto.