QUE é ?

foto generalVida de Aldea é un proxecto de desenvolvemento rural que pretende  implicar ao consumidor na produción dos seus alimentos eliminando intermediarios.

O seu  obxectivo é satisfacer a maior parte das necesidades alimenticias familiares, sempre con alimentos producidos baixo as normas da agricultura ecolóxica.

Así mesmo pretende poñer de actualidade unha serie de valores asociados á  vida nas aldeas como son o amor pola terra, as árbores, os animais.... e a solidariedade entre as persoas.

Vai dirixido tanto á  poboación en xeral como a diversos colectivos, e asociacións (escolares , xubilados, discapacitados......).